ANPA As Furnas do CEIP de Xuño
nen@s
domingo, 29 de novembro de 2015
I FORO-DEBATE
Dende a directiva da ANPA As Furnas, vemos interesante tratar o tema da MENINXITE e todo o que o rodea. Polo que, o vindeiro luns, 30 de Novembro, ás 5 da tarde no colexio trataremos dito tema entre todos. Primeiramente intervirán varios profesionais sanitarios (pediatras, enfermer@s e farmaceutic@s) e logo intentarán contestar a tódalas dudas que nos podan xurdir ou que teñamos sobre dito tema. Tamén intercambiaremos entre todos os nosos distintos puntos de vista sobre todo o tema.
domingo, 25 de outubro de 2015
Acordos asamblea 23 outubro
Na asamblea celebrada o venres, 23 de outubro en segunda convocatoria ás 9 da noite, acordouse entre os presentes(tal e como se reflexa nos estatutos):
- Suba da cuota de socios de 12 a 15€. Co cal a partir da semana que ven e durante todo o mes de novembro podedes pasar a ingresar dita cuota.
- A actividade de zumba kids falarase cas persoas interesadas para informar do cambio de condicións así como do cambio de monitora e actividade sendo a nova coreografías e baile moderno
- A actividade de pintura decidiuse un cambio de monitora por non chegar a acordo ca do ano anterior, co cal cambio de condicións tamén.
- A actividade de inglés, que xa estaba sendo impartida por libre a través da monitora do ano anterior, será proposta a través dunha empresa posto que tampouco se chegou a acordo con ela para pasar a xestionala a ANPA e así nolo solicitaron parte das nais interesadas presentes.
Tan pronto como teñamos todo listo para comezar con estas actividades seralles comunicado particularmente ás persoas xa anotadas así como a data de comezo. Tamén publicaremos aquí os horarios e días destas actividades por se hai novos interesados.
Tamén se informou ós presentes que, debido ó escaso tempo do que dispón a nova directiva, non organizará festa de Samaín pero dende a ludoteca do Concello invítannos á que realizarán o venres 30 de outubro de 5 a 8 da tarde no polideportivo Santa Irene e no que é imprescindible anotarse antes do xoves 29.
Finalmente, informouse que no consello escolar celebrado o mércores 21 aprobáronse cómo días non lectivos para este colexio o 25 de Abril e o 16 de Maio.
venres, 2 de outubro de 2015
Comezo das actividades extraescolares
A pesar de ser xa un pouquiño tarde cando esta nova directiva se puxo ó frente, 19 de setembro e a piques da disolución(razón pola que a anterior directiva non xestionou nada). Conseguimos ofertar case tódalas actividades que estaban en funcionamento o ano anterior aínda que, non nos días e horarios que nos gustaría, pero sí ca maioría dos monitores que estaban e a xente estaba contenta.
Pechada xa a data de incrición, imos por en marcha as seguintes actividades extraescolares:
Pechada xa a data de incrición, imos por en marcha as seguintes actividades extraescolares:
- Natación(Piscina Municipal de Ribeira ás 5 da tarde)haberá 2 grupos: O que arranca hoxe venres 2, grupo xa pechado no que xa non se admite máis nen@s, e o mércores 7 dará comezo o outro grupo, no que sí aínda se admiten nen@s.
- Tenis(Polideportivo de Xuño ás 5 e media da tarde) dará comezo este luns 5 de outubro, a pesares de non alcanzar o mínimo falado co monitor. Polo tanto, grupo aberto a máis inscricións e no que confiamos poidamos manter durante todo o curso con vindeiras altas na actividade.
- Tanto pintura como zumba kids hai grupo suficiente pero non podemos comezar de momento con estas actividades, xa que estamos pendentes de solucionar varios asuntos antes de poñelas en funcionamento.
- Inglés, que non foi ofertada pola ANPA este ano porque xa estaba en funcionamento pero non se adecuaba ó ofertado en anos anteriores. Finalmente, ante a insistencia dos pais afectados a intentar un acordo coa monitora que imparte dita actividade, pasará a ser xestionada pola ANPA cando amañemos os papeleos que elo conleva.
Outro tema moi importante que temos pendente é a forma de pago, polo que agradecemos NON FAGADES NINGÚN INGRESO polo momento. Procuraremos, dentro das nosas posibilidades, ter todo arranxado na vindeira semana.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)