Dende a directiva da ANPA As Furnas queremos darvos as GRACIAS a tódolas persoas que nestes meses nos apoiástedes nesta loita que onte chegou o seu fin, a consecución da XORNADA ÚNICA para os tres colexios do Concello do Son. Puxéronnolo difícil cando dixeron os 3 colexios ou nada, pero ahí están os resultados para comprobar que non era un capricho senon unha NECESIDADE. As 3 ANPAs unimos forzas e coa vosa axuda e a de toda a comunidade educativa conseguímolo.
Tamén queremos dar as gracias, os que nun primeiro momento non nos apoiastedes coa recollida de firmas pero que finalmente vos unístedes o longo deste largo proceso, xa que tíñamos 74 firmas e finalmente foron 98 votos a favor, 24 familias que estabades indecisas, que vos daba igual, que non vos convencía o horario, que non creíades que se poidera lograr o que dende fai máis de 20 anos se ven pedindo moitas veces e nunca chegaba o seu fin,... GRACIAS!!!
Dende a directiva da ANPA seguiremos a traballar para que non vos arrepintades desta decisión, e animámosvos a que vos unades tanto a nosa directiva como a ANPA. Que nos fagades chegar tódalas vosas preocupacións, queixas, ideas, melloras,.... e estaremos encanta@s de axudar ou loitar polo que entre tod@s consideremos xusto.
GRACIAS A TOD@S
Ningún comentario:
Publicar un comentario