nen@s

nen@s

venres, 4 de xullo de 2014

Información banco de libros e compra conxunta

Como moitos saberedes, aínda que @s nen@s xa fai un par de semanas que deron vacacións, algunhas mamás conxuntamente con parte desta directiva, estamos a traballar para por en marcha os proxectos banco de libros e compra conxunta, para os que non poidan optar a dito banco, para o vindeiro curso 2014/2015.

En canto ó banco de libros, dar as gracias a todos aqueles que cedéstedes desinteresadamente os vosos libros para que outr@s se poidan beneficiar deles. Facer un chamamento a todos aqueles que teñades o libro de lectura de primeiro Rolda de lecturas (anaya 2011) e o libro de lecturas de segundo Tico tic (anaya 2011) xa que os necesitamos para deixar nas aulas e crear así unha biblioteca de aula para tódolos nen@s destes cursos se poidan beneficiar. Os días 9 e 10 no horario de recollida do vale/cheque da axuda para a compra dos libros, de 10:30 a 12:30, estaremos no local cedido á ANPA(porta por donde entran os nenos de infantil) para informarvos e tomar nota dos libros que precisades do noso banco ou/e recoller dos que vos queirades desfacer e traiades para doarnos.

Así mesmo, estamos a traballar paralelamente na compra conxunta, proxecto que consiste en mercar os libros todos os interesados no mesmo lugar e así obter mellores precios, sobre todo de infantil, primeiro e segundo de primaria. Intentaremos que a finais da semana que ven poder darvos un presuposto os interesados que temos anotados e explicarémosvos como realizaremos todo o proceso. Na mentras, se algún pai/nai de nenos de novas incorporacións ó colexio está interesado pode poñerse en contacto coa nós a través de calquera das nosas vías de comunicación(comentario neste blog, mensaxe/privado no facebook, mensaxe ó enderezo electrónico, telefónicamente ou ben persoalmente os días 9 e 10 no horario anteriormente mencionado).

Gracias pola vosa solidaridade e comprensión. Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog