Unha vez postas en marcha aquelas actividades extraescolares, que propoñíamos para este curso e nas que alcanzamos o grupo mínimo de nen@s, imos organizar a Asamblea ordinaria a que esperamos que asistades a maioría dos socios para así mellorar as nosas funcións.
Será este sábado 25, ás 4 da tarde en primeira convocatoria e as 4:30 da tarde en segunda convocatoria. Terá lugar na Casa de Cultura de Xuño, nela esperamos ampliar a directiva, faremos as nosas propostas para este curso 2014/2015 e esperamos propoñades as vosas.
Como novidade salientable para esta Asamblea, teremos a disposición de tódolos soci@s un servicio de coidadores/monitores totalmente GRATUITO para que poidades deixar @s vos@s nen@s e así asistir a dita asamblea.
ESPERÁMOSVOS!!! Porque a ensinanza d@s NOS@S FILL@S tamén é cousa dos pais/nais/titores, participa ACTIVAMENTE.
Xuntos pódese mellor e vimos de demostralo ca consecución da Xornada Contínua que este ano pudemos estrear. Como isto, hai tantas outras cousas, PARTICIPA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario