Dende a ANPA queremos facer un chamamento a tódolos
pais/nais/titores legais para que participen, tanto
presentando as súas candidaturas de representantes dos
pais como asistindo a votar o día das eleccións.
Informámosvos que actualmente NON HAI NINGUNHA CANDIDATURA
PRESENTADA POR PARTE DAS FAMILIAS que formamos o colexio, necesitaríanse un mínimo de 2, polo que se non hai
repercutiría negativamente no bo funcionamento do consello, posto que
a nosa representación sería minoritaria quedando con tan so 3 representantes(2 pais e 1 membro da ANPA) cando deberían ser 5 os representantes.
Lembrámosvos que o
último día para presentar candidatura será o próximo luns,
mañán. Para presentarse so tendes que facelo achegándovos á
secretaría do centro.
O consello escolar é o máximo órgano no que se debaten cuestións
que lles afectan á mellora do sistema educativo no noso colexio.
Reúnese un mínimo de 3 veces ó ano, sempre que non haxa cuestións
extraordinarias que tratar. As reunións son en sesións de tarde e é
convocado cun mínimo dunha semana de antelación.
O último dos
obxetivos que se debateu en consello, e se levou adiante a súa
solicitude, por parte da dirección, e conseguimos, gracias á participación das familias, foi a XORNADA CONTÍNUA. Actualmente un debate que hai aberto é convertir o centro
en plurilingüe, por
en marcha o proxecto abalar,...
cuestións plantexadas por socios da ANPA na última asamblea e as cales xa foron levadas o primeiro consello deste novo curso 2014/2015. A información para formar parte destes proxectos foi solicitada ó consello escolar para saber como poder formar parte destes proxectos. Unha vez resumamos os puntos máis importantes enviarémola a través d@s nen@s e publicarémola neste blog en vindeiras ocasións.
PARTICIPAR É UN DEREITO, EXÉRCEO POLO BEN DA EDUCACIÓN DO TEU FILL@!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario