nen@s

nen@s

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Excursión museos A Coruña

Unha vez rematadas as vacacións de nadal toca volver ó traballo. Dende a ANPA temos varias cousas programadas para este segundo trimestres e intentaremos darlle cabida a todas elas.

Para comezar, como xa vos informarmos ó remate do primeiro trimestre, imos facer unha excursión o sábado 17 de Xaneiro ós tres museos de A Coruña que son Domus, Casa das Ciencias(Planetario incluído) e Casa dos Peixes(Acuario). A saída será dende o colexio ás 8:30 da mañán. O prezo da excursión para os socios non ten custe, é gratuita, e para os non socios 10€/persoa que serán aboados no autobús o día da excursión. Unha vez alí, ofrécese a posibilidade de ver proxeccións dunha película en 3D por un custe de 1€/persoa. A comida corre a cargo de cada un, so apuntarvos que hai un sitio interior habilitado para os que queiran levar a comida e tamén hai a posibilidade de restaurante para os que non a queiran levar, co prezo do menú arredor dos 8€ e posibilidade tamén de bocadillos e refresco. 

Para asistir a dita excursión é obrigatorio reservar plazas, xa que son limitadas. O último día para anotarse será o luns 12 ás 10 da mañán.  Pódese facer por calquera das nosas vías de comunicación facilitándonos os datos(nome, apelidos e teléfono) dunha persoa de contacto, indicándonos o número de persoas que irán(incluída a persoa de contacto), e se son ou non socios. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog