- Suba da cuota de socios de 12 a 15€. Co cal a partir da semana que ven e durante todo o mes de novembro podedes pasar a ingresar dita cuota.
- A actividade de zumba kids falarase cas persoas interesadas para informar do cambio de condicións así como do cambio de monitora e actividade sendo a nova coreografías e baile moderno
- A actividade de pintura decidiuse un cambio de monitora por non chegar a acordo ca do ano anterior, co cal cambio de condicións tamén.
- A actividade de inglés, que xa estaba sendo impartida por libre a través da monitora do ano anterior, será proposta a través dunha empresa posto que tampouco se chegou a acordo con ela para pasar a xestionala a ANPA e así nolo solicitaron parte das nais interesadas presentes.
Tan pronto como teñamos todo listo para comezar con estas actividades seralles comunicado particularmente ás persoas xa anotadas así como a data de comezo. Tamén publicaremos aquí os horarios e días destas actividades por se hai novos interesados.
Tamén se informou ós presentes que, debido ó escaso tempo do que dispón a nova directiva, non organizará festa de Samaín pero dende a ludoteca do Concello invítannos á que realizarán o venres 30 de outubro de 5 a 8 da tarde no polideportivo Santa Irene e no que é imprescindible anotarse antes do xoves 29.
Finalmente, informouse que no consello escolar celebrado o mércores 21 aprobáronse cómo días non lectivos para este colexio o 25 de Abril e o 16 de Maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario