nen@s

nen@s

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Os proxectos da nova directiva

Agora que xa nos presentamos, contarémosvos as cousas previstas para este noso primeiro ano de responsabilidade.

Comezaremos facendo un pequeno resumo das que xa levamos feitas, xa que as veces non somos conscientes do traballo que esto implica nin do que se fai dende a ANPA.

O primeiro que fixemos (un pouquiño a contrarreloxio) foi propor as actividades extraescolares, xa que nos parece unha forma complementaria á enseñanza e educación d@s nos@s fill@s. Tratamos de manter as que xa viñan funcionando, como música e inglés, e quixemos incorporar novas como tenis e pandereta(xa en funcionamento) e zumba e pintura(que comezaron onte). Propuxemos outras que tamén nos parecían interesantes pero non logramos o interese de ningún nen@. Sabede que puxemos tódalas actividades a funcionar sen o mínimo de nen@s e facéndose a ANPA responsable do precio mínimo estipulado pol@s profesor@s para que así puideran dar comezo as actividades co fin de lograr o mínimo cas incorporacións d@s indecis@s nun primeiro momento, e conseguímolo!!!

O segundo que fixemos foi crear o primeiro taller de cabazas e o primeiro concurso de carteis da festa do Samaín. E por suposto, organizar a festa gracias á colaboración dalgúns pais que nos axudaron na decoración e na merendola aportando os seus terroríficos postres.

A terceira cousa foi organizar a visita do Papá Noel na casa de cultura de Xuño para todos aqueles nen@s que se quixeron achegar. Para as vacacións do Nadal, proxectamos un par de días unhas películas animadas, unhas con máis éxito que outras e cas súas pequenas incidencias, e agasallamos a tódol@s nen@s asistentes cunha bolsiña de palomitas recén feitas

O último que fixemos, foi organizar unha pequena excursión que nos parecía interesante, a unha exposición de dinosaurios que xa rematou, dahí que fose nestas datas.

A par con todo isto, como xa ben sabedes, estamos a traballar para solicitar a xornada única para o curso que ven, conxuntamente ca ANPA Santa Irene(Porto do Son) e a ANPA Coira (Portosin). A principios de Febreiro contamos convocar unha asamblea na que, ademáis de poñervos ó día de como van os trámites, darvos os carnés de soci@s que estamos a facer acompañados dunha listaxe de tendas nas que teredes un pequeno desconto presentándoo, e contaremos que outros beneficios teredes gracias a el. Tamén vos informamos que estamos a traballar na solicitude dunha subvención para que as actividades e excursións saían moito máis económicas, se no la conceden.

Fai unha semana reunímonos co alcalde solicitándolle unhas cantas cousas entre as que destacamos un local onde, a parte de ter tódalas cousas da ANPA, poder recibirvos en persoa para todo o que precisedes en canto a ensinanza d@s nos@s nen@s. Tamén lle solicitamos que adecuara a zona d@s nen@s de infantil e lles puxera un pequeniño parque con algo de amparo, xa que estes cativos atópanse na peor zona. Esperamos contar algo novo na próxima reunión con vós

O seguinte que temos previsto é organizar o primeiro maratón, ós sábados ou domingos á tarde do mes de febreiro, de ciclos de películas(Rey León, Shreck, Toy Story,...) e a festa do Entroido, con varias sorpresas con respecto a anos anteriores, ide preparando disfraces!!!

Xa de cara ó seguinte trimestre, temos pensado organizar o banco de libros entre todos aqueles que estean interesad@s e, para os que non se poidan beneficiar desta opción, optar pola compra conxunta xa que duns sitios a outros podense aforrar un mínimo de 30 euros e sendo conxunta quizáis máis.

E por último, organizar unha gran excursión de fin de curso na que agradecemos que nos aportedes ideas, xa que algunhas das actividades e a excursión ós dinosaurios foi idea vosa, non da directiva. Tamén nos déstedes outra idea de excursión para agora, Manzaneda, pero como é o noso primeiro ano e andamos aínda algo ataread@s con outras ideas, non nos atrevemos pero témola apuntada para a ver se o próximo ano a facemos realidade.

Quizáis nos xurdan outras cousas entre tanto, pero pensamos que cas ideas e ilusión que temos, xa son cousas para este primeiro ano.

Lembrade que vos podedes facer soci@s da ANPA en calquera momento e de igual forma podedes unirvos a directiva. Un dos obxetivos desta nova directiva é implicar a xente das parroquias colindantes, xa que @s vos@s nen@s tamén veñen o colexio de Xuño e consideramos que podemos facer moitas máis cousas, incluso nas vosas parroquias, coa vosa implicación e compromiso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog