nen@s

nen@s

xoves, 13 de marzo de 2014

Información sobre o tema da xornada única

A pesar de que xa levamos un tempo sen informarvos por estas vías do que se está a facer, non por eso nos relaxamos.

A día de hoxe, fíxose chegar ó Xefe Territoral de Educación da Provincia de A Coruña, D. Indalecio Cabala Leira, unha carta remitida de forma conxunta polas tres ANPAS (Xuño, Porto do Son e Portosín), e na que se lle informa da relevancia e a preocupación das familias con nenos escolarizados nestes tres centros, pola consecución da xornada única de mañá para o curso 2014-2015. Por iso, solicítaselle que revise, con toda a atención que merece, a proposta de novos horarios para a obtención dun informe de transporte favorable, e emprazáselle a que faga todo o que estea na súa man para permitírmonos alcanzar o noso obxectivo de cara ao vindeiro curso.

A parte da carta inclúese, a modo de anexos:
  • a totalidade de sinaturas de apoio á solicitude da xornada única, das familias con alumnos matriculados nos CEIP de Xuño, Santa Irene e Portosín: recadáronse 294 sinaturas dun total de 383 familias censadas nos tres centros.
  • A proposta do novo horario para os tres centros:
CEIP SANTA IRENE. Horario proposto: 09:00h a 14:00h

CEIP PORTOSÍN. Horario proposto: 09:30h a 14:30h

 CEIP XUÑO. Horario proposto: 9:45h a14:45h

Así mesmo, a carta remítese en copia a D. Jesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia e a D. Javier M. González Dominguez, Técnico do Servizo de Transporte e Comedores da Delegación provincial da Consellería de Educación e responsable da elaboración de dito informe de transporte.

A carta salienta que os horarios actuais son os mesmos de hai 30 anos, pero nun contexto social e laboral moi distintos, como ben sabemos: tanto pola difícil situación económica actual, como polos cambios sufridos nas estruturas familiares nas últimas décadas, coa incorporación da muller ao mercado laboral. Canto máis, cando ningún dos centros do municipio conta cun servizo de comedor escolar, o que anula calquera posibilidade de conciliación familiar aos habitantes destes tres importantes núcleos de poboación.

De igual modo, fáiselle saber ao Sr. Cabana a nosa firme decisión de levar este caso a onde corresponda, e coas medidas que consideremos oportunas, para conseguir o noso propósito. Agardamos que ditas medidas non sexan necesarias e que o informe de transporte sexa favorable. Despois diso, a consecución da xornada única estaría tan solo NAS NOSAS MANS, no momento das votacións.

Grazas a todas e a todos polo voso apoio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog