nen@s

nen@s

luns, 16 de xuño de 2014

BANCO DE LIBROS

Este ano comenzamos a traballar para por en marcha o proxecto banco de libros solidario. Consiste en, por unha parte, donarlle á ANPA os libros dos cursos de terceiro a sexto de primaria que se están a usar actualmente no CEIP de Xuño, que teñamos pola casa que xa non vaiamos a usar para que outr@s nen@s se poidan beneficiar deles. Así mesmo, os libros de lectura usados en primeiro e segundo de primaria tamén entran dentro deste proxecto, o resto de libros non entran posto que se traballa neles, realizando ahí os exercicios.

Tódolos libros doados pasarán a ser propiedade da ANPA, a cal ten formada unha comisión organizadora, con 2 membros da directiva xunto cunhas nais voluntarias, que se encargará de revisar, evaluar, adecuar e, no caso que fose necesaria, establecer unha cuota para tódolos membros que formen parte do proxecto.

As normas para pertencer a dito banco son sinxelas, totalmente gratuito para soci@s e cun custe de 10 euros para os non socios. Este diñeiro será destinado única e exclusivamente ós gastos que poidan ocasionar a xestión do banco(limpeza libros, arranxamento, forraxe,...). Todo o mundo que o solicitou obterá os libros necesarios, agás os que se cambien que haberá que comprar cada un o seu ou nunha compra conxunta.

Para o novo curso, 2014/15,  so cambiará o libro de coñecemento en primeiro, terceiro e quinto de primaria debido á entrada da LOMCE.

A partir de mañán pódeselle entregar ós tutores nunha bolsa todos aqueles libros que se donen(independientemente do curso no que estea o neno). Na bolsa por fora debe ir o nome e apelidos do neno que os dona así como o curso actual do neno. O último día para entregalos será o venres 20, logo desa data e unha vez evaluados e facendo reconto de doacións e solicitudes poñerémonos en contacto cos interesados.

É importante explicarlle ó neno en que consiste o proxecto e en insistirlle que debe ser o máis coidadoso posible cos libros para así poder alongar a vida útil destes e que outros nenos poidan seguir a usalos.

Calquera dúbida contactar coa ANPA a través de calquera das súas vías de comunicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog