nen@s

nen@s

luns, 1 de setembro de 2014

Xa estamos de volta

Esperando que tod@s disfrutárades das vacacións e apuredes estes últimos días, dende a ANPA As Furnas queremos empezar informándovos do calendario escolar para este curso 2014/2015, no que a maioría xa saberedes imos estrear xornada única con horario 9:45 a 14:45. Así como tamén estrearemos nova lei educativa que convivirá ca que ata o ano pasado tíñamos, veremos que acontece.

Sen máis, e a espera de aprobar en consello escolar os días non lectivos que cada centro elixe voluntariamente, o calendario oficial sería o seguinte:
  • Comezo das clases o día 10 de setembro
  • 31 de outubro día non lectivo por ser o día do ensino
  • O 6 de decembro día non lectivo por mor día da Constitución
  • Do 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos incluídos, vacacións de nadal
  • O 16, 17 e 18 de febreiro días non lectivos, Entroido
  • Do 30 de marzo ó 6 de abril, ambos incluídos, vacacións de semana santa
  • Día 1 de Maio non lectivo, día do traballo
  • Día 19 de Xuño remate do curso

1 comentario:

  1. O prrimeiro día de clases, 10 de setembro, o horario será de 10 a 12. Un saúdo

    ResponderEliminar

Arquivo do blog