nen@s

nen@s

mércores, 26 de marzo de 2014

Plantación no Castelo

Este sábado, día 29 de marzo a partir das 3:30 da tarde, conxuntamente ca Comunidade de Montes de Xuño, celebraremos o día da árbore, como xa se ven facendo anos atrás e vos deixamos mostra delo nestas imaxes.

Comezaremos cunha pequeniña explicación ou pequeno recordatorio para que non se nos esqueza nada.
Logo poñerémonos mans á obra ca plantación de árbores(carballos, castiñeiros,...) e, ó rematala, prepararémonos para facer a, xa tradicional, subida o Pé do Castelo para todos aqueles que queiran. Nos recomendámosvola, xa que paga a pena. Haberá pequeniñas axudas para conseguilo, tanto para os grandes coma para os pequenos, pero se aínda así non vos animades sempre haberá cousas por facer mentres que uns suben.

E como non podía faltar, despois de tanto esforzo, unha boa merenda para repor tódalas forzas e rematar unha tarde de natureza.


Este ano, ademáis de todo isto, faremos entrega duns detalliños a tódolos nosos pequenos, e non tan pequenos, para que quede constancia da súa gran implicación.

Non dubidedes acudir aínda que non podades chegar para a primeira hora xa que como vedes tratase dunha tarde ben planificada. Estades todos invitados, dende o máis pequeno da casa o máis maior, xente de Xuño e de tódolos lugares, xa que todos aportamos o noso gran de area nesta labor de repoboación dos nosos montes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog