Esta mañá, domingo 30 de marzo de 2014, reunímonos as tres ANPAS que, de
forma conxunta, estamos promovendo a instauración da XORNADA ÚNICA para
o Son, Xuño e Portosín, para coordinar as accións de presión á Xunta
que empezaremos a levar a cabo esta semana. Mañá luns farémosvos chegar
unha nota para reunírmonos o MARTES 1 DE
ABRIL ÁS 20H. NA CASA DE CULTURA DE XUÑO
Ide reservando a axenda.
Grazas a todos polo
apoio a esta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario