Continuando hoxe ca primeira cacerolada da semana que, para ser a primeira non estivo mal, pero mañá contamos con que vos animedes máis, pais de futuros alumnos, pais que vos vedes obrigados a mandar os vosos fillos a outros colexios, e tódolos que queirades apoiarnos nesta causa.
Para os máis despistados, recordámosvos que os 3 CEIP do Concello do Son; Portosín, Porto do Son e Xuño; non dispoñen nin de comedor nin de xornada única. Esta última, lévase pedindo xa por varias veces. Por primeira vez fai uns 20 anos, e a última pois fai uns anos pero sempre denegada por un incremento no transporte, o que pedimos é que se mire minuciosamente a proposta e nos deixen decidir ós pais coas votacións.
Como xa dixemos, ésta foi a primeira das caceroladas, mañán e pasado seguiremos con elas. Lembrade dez minutos antes do comezo das clases. O venres, a parte, temos unha concentración ás portas do Concello tódolas familias afectadas dos tres colexios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario