nen@s

nen@s

martes, 2 de setembro de 2014

Información sobre os libros

Todos aqueles que confiástedes en nós para a encarga dos libros para este curso académico que está a piques de comenzar, informarvos que xa podedes pasar a recollelos pola librería.

Para a xente con nen@s que pasen para algún dos cursos de terceiro a sexto, informarvos que no banco de libros que este ano puxemos a funcionar dende a ANPA temos algúns libros para poder prestar, podedes informarvos sen compromiso aínda que non pertenzades a esta ANPA pero sí usedes os mesmos libros.

Así mesmo, queremos dar as GRACIAS a tódolos pais/nais/titores que doaron desinteresadamente os libros, tamén darlle as GRACIAS ó equipo directivo do colexio e os mestres por manter a maioría dos libros a pesar da entrada da nova lei educativa e sobre todo, GRACIAS @s nen@s, por o seu uso correcto dos libros, xa que a moaioría dos libros doados, incluso algúns que pasaron por varias mans, están totalmente novos. Con isto estamos contribuíndo a que poidan beneficiarse deles outr@s nen@s, evitamos un gasto innecesario, coidamos o medio ambiente e alongamos a vida útil dos mesmos. GRACIAS

Por último, queremos facer un chamamento a todos aqueles que teñades na casa o libro de lecturas de primeiro de primaria Rolda de lecturas(editorial Anaya) e o libro de lecturas de segundo de primaria Tico-Tic(editorial Anaya) xa que chegamos a un acordo coa dirección do centro para non incluílos na lista de libros a comprar pero sí se vai usar. Así que, sabede que todos aqueles que os doedes a ANPA, pasarán a formar parte dunha biblioteca de aula neses cursos para que @s nen@s destes cursos os usen sempre que o precisen e @s nen@s que veñen nos cursos inferiores seguirán usando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog