nen@s

nen@s

mércores, 10 de setembro de 2014

Servicios e actividades extraescolares

Dende esta directiva sabemos que a xornada única que estamos a estrear é un paso importante para tod@s, pero tamén sabemos que quedan moitas outras cousas por conseguir.

Creemos necesario o servicio de madrugadores(plan madruga) ou/e un servicio de comedor entre outras moitas cousas. Polo tanto, este ano imos centrarnos en por en marcha o plan madruga, un servicio que queremos dar a aquelas familias que precisen deixar con alguen @s nen@s antes do comezo das clases. Como caben varias posibilidades: unha ou dúas horas antes do comezo das clases, con ou sen almorzo, todo o mes, quincenas ou días puntuais,... e non sabemos moi ben cantos de vos estaríades interesados nin as condicións que precisades gustaríanos que os interesad@s vos puxérades en contacto con nós, por calquera das vías de contacto, canto antes para así por o servicio en marcha o antes posible. Informarvos que os prezos que temos mirados oscilan entre os 25 ata os 45 euros por mes.

En canto as actividades extraescolares, estamos á espera do programa das que ofertan dende o concello para non solapar unhas con outras. Decirvos que temos mirado a de inglés que sería ós mércores de 4:15 a 5:15 para pequenos e de 5:15 a 6:15 os maiores. Tamén temos mirado para ofertar ós martes ás 5:30 contacontos/compresión lectora e ós xoves ás 5:30 pintura. Estamos mirando tamén zumba pero non sabemos aínda que días nin horas. Por outra banda, gustaríanos seguir con música e tenis que intentaremos volver ofertalo. Seguiremos con pandereta e intentarémolo de novo con baile e música tradicional. Os prezos das actividades oscilarán entre os 10 e 15 euros, unha ou dúas horas semanales. Estamos mirando ás mellores opcións e valorando presupostos que nos están mandando empresas especializdas nestes temas.

Esperamos para a semana ter o plan de actividades completo para facérvolo chegar para as inscripcións e así poder dar comezo das mesmas a primeiros de Outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog