nen@s

nen@s

xoves, 18 de setembro de 2014

Oferta servicios e actividades extraescolares

Seguimos á espera da oferta de actividades por parte do Concello, na mentras presentámosvos as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para non quedarnos sen monitores para impartilas e poder manter os horarios e precios que vos propoñemos. Tedes ata o luns 22 de setembro para anotarse. Lembrarvos que os prezos para os non socios incrementaranse 3€ e os socios terán descontos en función das actividades que se poñan en funcionamento, xa que na maior parte delas necesitamos un mínimo de 8 nen@s.


Na ficha para apuntarse vai un apartado de OBSERVACIÓNS para as dudas que vos podan xurdir ou para que nos expoñades as condicións cas que apuntades @ nen@ á actividade. Por exemplo, apunto @ nen@ só se se mantén ese horario/precio ou se hai autobús para piscina ou se vai asistir ou non a competicións,... Calquera cousa que vos valoredes.

Tamén queda aberto o prazo para por en funcionamento por parte da ANPA o servicio de madrugadores. O prazo para apuntarse é o mesmo que para as actividades, ata o luns 22 de setembro.

Tanto as actividades extraescolares como o servicio de madrugadores darán comezo en Outubro, sempre que se alcance o mínimo. Poñerémonos en contacto cos interesados para facerllo saber, por eso é moi importante un teléfono de contacto.

Para outra consulta calquera non dudedes poñervos en contacto mediante calquera das nosas vías de comunicación.

1 comentario:

  1. Hai unha errata no día de atletismo/ciclismo sería ós xoves no sitio de música tradicional e viceversa, música tradicional ós martes. O horario sería o mesmo, o cambio sería de día.
    Desculpade ás molestias

    ResponderEliminar

Arquivo do blog