nen@s

nen@s

sábado, 12 de abril de 2014

E chegou o SI

Onte, venres 11 de abril de 2014 ás 18:00h, os presidentes das tres ANPAs; Coira(Portosín), Santa Irene (Porto do Son) e As Furnas(Xuño), foron convocados polo Alcade Luís Oujo a unha reunión no Concello, na que se lles comunicou que a Delegación Teritorial informaba positivamente á solicitude do informe de transporte, imprescindible para que as familias podamos decidir se de forma maioritaria escollemos a implantación da Xornada Única de mañá nos nosos respectivos centros.

É importante salientar que a viabilidade de implantación da xornada ha estar supeditada a que nos tres centros o resultado do voto das familias sexa favorable. Se al´gun dos centros decidise continuar coa xornada partida, os outros dous centros deberían facelo tamén. Resumindo: ou todos ou ningún.

Por iso, é moi impotante que agora, unha vez acadado tan alto logro, sexamos responsbles coa nosa demanda e refendemos nas urnas o que meses atrás firmamos nos documentos de apoio á solicitude, así como nas accións reivindicativas e de presión que levamos a cabo nas últimas semanas.

Debemos poñer en valor todo ese esfrozo en común e ser conscientes que, se non somos quen de conseguilo agora, non habemos ter nigunha outra oportunidade similar nun futuro próximo.

Dende a Directivas das ANPAs queremos agradecer o labor e empeño de tódolos que colaborastes durante toda a campaña reivindicativa: familias, veciños, claustros de profesores, medios de prensa, así como ó Concello de Porto do Son.

Somos conscientes de que, ben seguro, sen este gran esfozo en común, nunca teriamos logrado o primeiro e máis difícil obxectivo: o SÍ ó informe de transporte.

En breve farémosvos chegar máis detalles sobre os horarios e posibles variacións nas rutas, así como os prazos para a revisión  dos censos e as votacións. Polo de pronto, a descansar desta merecida semana de vacacións. Seguiremos informando á volta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog