nen@s

nen@s

martes, 10 de xuño de 2014

Toca ratificar as firmas

Este xoves 12, de 9 da mañá a 9 da noite, decidimos se seguir co horario partido ou pola contra, reafirmar o cambio á xornada única que vimos pedindo dende meses atrás.

Comezábamos esta petición polo mes de outubro, non por antoxo senon por necesidade. Necesidade plasmada en firmas das familias dos nen@s dos colexios de Portosín, Porto do Son e Xuño. Firmas que superaban o 58% do censo necesario que se precisaría para que este cambio de xornada se fixese efectivo se chegábamos o máis difícil de toda esta solicitude: un informe de transporte favorable, para que as familias poidésemos decidir o mellor horario escolar dos nosos nen@s. Con estas firmas, comezamos a demanda as ANPAs Santa Irene(Son), Coira (Portosín) e As Furnas(Xuño) . Sabíamos que non ía ser fácil e despois de meses de insistencia con chamadas, notas de prensa, campañas fotograficas nas redes sociales, pancartas, caceroladas,... e  sobre todo, grandes dosis de paciencia, obtivemos o ansiado informe de transporte favorable. Eso sí, cunha gran condición OU SE CONSEGUEN OS VOTOS NOS 3 COLEXIOS OU NADA.

Así que dende aquí decirvos: ratifiquemos nas urnas o xoves 12, de 9 da mañán a 9 da noite, as firmas recolleitas con anterioridade e demostremos que PORTO DO SON PORTOSÍN E XUÑO NECESITAN XORNADA ÚNICA.

CONTAMOS COA VOSA PARTICIPACIÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog