nen@s

nen@s

martes, 21 de outubro de 2014

Convocatoria Asamblea

Unha vez postas en marcha aquelas actividades extraescolares, que propoñíamos para este curso e nas que alcanzamos o grupo mínimo de nen@s, imos organizar a Asamblea ordinaria a que esperamos que asistades a maioría dos socios para así mellorar as nosas funcións.

Será este sábado 25, ás 4 da tarde en primeira convocatoria e as 4:30 da tarde en segunda convocatoria. Terá lugar na Casa de Cultura de Xuño, nela esperamos ampliar a directiva, faremos as nosas propostas para este curso 2014/2015 e esperamos propoñades as vosas.

Como novidade salientable para esta Asamblea, teremos a disposición de tódolos soci@s un servicio de coidadores/monitores totalmente GRATUITO para que poidades deixar @s vos@s nen@s e así asistir a dita asamblea.

ESPERÁMOSVOS!!! Porque a ensinanza d@s NOS@S FILL@S tamén é cousa dos pais/nais/titores, participa ACTIVAMENTE.

Xuntos pódese mellor e vimos de demostralo ca consecución da Xornada Contínua que este ano pudemos estrear. Como isto, hai tantas outras cousas, PARTICIPA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog