nen@s

nen@s

sábado, 8 de novembro de 2014

Consello escolar. Que é e quen o forma

Como ben xa estamos informados pola dirección do centro, este ano toca renovación parcial do consello escolar, polo que hoxe imos intentar explicar un pouquiño que é e quen o forma.

O consello escolar é o organo máximo de representación e participación dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa(familias, mestres ou profesorado e alumnado). Nel tómanse decisións, entre todas as persoas que o constitúen, que afectan á vida diaria do centro. De ahí, a importancia da participación dos pais, nais e titores legais.

A constitución do consello escolar é obligatoria en centros educativos sostidos con fondos públicos.

O consello escolar está formado por:
  • Director/directora que será quen o presida
  • Xefe/xefa de estudios
  • Un número determinado de mestres/mestras que non pode ser inferior a un terzo do número total dos compoñentes do consello. No caso do noso CEIP, o número de mestres/mestras é 5(a parte dos 2 anteriormente citados) e son elexidos en claustro a votación.
  • Un número determinado de pais(pai/nai/titor ou titora legal) que tampouco pode ser inferior a un terzo do total do consello escolar. No caso do noso centro son 5 pais os que representan a tódalas familias do centro, dos cales 4 son elexidos entre todos e todas e 1 é designado directamente pola ANPA (actualmente a tesoureira da directiva da ANPA)
  • Un representante do concello.
  • Un representante do persoal non docente (conserxe ou persoal de limpeza)
  • Secretario/secretaria do centro e tamén do Consello escolar. Terá voz pero non voto.
E para rematar esta introdución sobre, que é e quen constitúe, o consello escolar, simplemente unha anotación importante, moitas das decisións non se poden aprobar se non hai 2 tercios do total das persoas que constitúen o consello dacordo, noutros casos cunha maioría simple é suficiente. Profundizaremos nesto na seguinte entrada do blog, esperamos vos resulten interesantes e valoredes a posibilidade da vosa candidatura ás elección do consello escolar. A presentación de candidaturas estará aberta ata o 17 de Novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog