nen@s

nen@s

martes, 11 de novembro de 2014

Consello escolar. Competencias e reunións

Este curso as competencias do Consello Escolar vense afectadas pola entrada en vigor da nova lei de educación LOMCE, perdendo as súas funcións neurálxicas, pasando a quedar nun plano meramente consultivo. Polo tanto as competencias do Consello con esta nova lei serán:
  1. Avaliar o proxecto educativo do centro.  
  2. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos
  3. Participar na selección do director do centro nos términos ca presente lei orgánica establece. Propor a revogación do nomeamento do director/a por maioría de dous terzos
  4. Avaliar as normas de organización e funcionamento do centro
  5. Informar sobre a admisión de alumnos, segundo a lexislación
  6. Resolver os conflitos e impor as corección oportunas coa finalidade pedagóxica que corresponda ás conductas dos alumnos/as que danen a convivencia do centro, dacordo co regulamento de réxime interior
  7. Avaliar a programación xeral anual do centro
  8. Elaborar as directrices para a programación e desenvolvemento das actividades escolares, complementarias, extraescolares, transporte escolar, visitas ou outras
  9. Promover a renovación das instalacións e equipamento do centro. Vixiar a súa conservación
  10. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados de autoavaliación e da avaliación que do centro realice a Administración Educativa
  11. Informar dos criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.
  12. Solicitarlle á Administración educativa o asesoramento oportuno
  13. Emitir un informe sobre a memoria anual de actividades do centro e valorar o funcionamento xeral.
Reunións.

O consello escolar debe reunirse en sesión ordinaria como mínimo unha vez por trimestre, sempre que o convoque a presidenta ou un terzo dos seus membros. Necesariamente reunirase a principio do curso e ó remate deste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog