nen@s

nen@s

domingo, 16 de novembro de 2014

Presentación de candidaturas ó Consello Escolar

Dende a ANPA queremos facer un chamamento a tódolos pais/nais/titores legais para que participen, tanto presentando as súas candidaturas de representantes dos pais como asistindo a votar o día das eleccións.

Informámosvos que actualmente NON HAI NINGUNHA CANDIDATURA PRESENTADA POR PARTE DAS FAMILIAS que formamos o colexio, necesitaríanse un mínimo de 2, polo que se non hai repercutiría negativamente no bo funcionamento do consello, posto que a nosa representación sería minoritaria quedando con tan so 3 representantes(2 pais e 1 membro da ANPA) cando deberían ser 5 os representantes.

Lembrámosvos que o último día para presentar candidatura será o próximo luns, mañán. Para presentarse so tendes que facelo achegándovos á secretaría do centro.

O consello escolar é o máximo órgano no que se debaten cuestións que lles afectan á mellora do sistema educativo no noso colexio. Reúnese un mínimo de 3 veces ó ano, sempre que non haxa cuestións extraordinarias que tratar. As reunións son en sesións de tarde e é convocado cun mínimo dunha semana de antelación.

O último dos obxetivos que se debateu en consello, e se levou adiante a súa solicitude, por parte da dirección, e conseguimos, gracias á participación das familias, foi a XORNADA CONTÍNUA. Actualmente un debate que hai aberto é convertir o centro en plurilingüe, por en marcha o proxecto abalar,... cuestións plantexadas por socios da ANPA na última asamblea e as cales xa foron levadas o primeiro consello deste novo curso 2014/2015. A información para formar parte destes proxectos foi solicitada ó consello escolar para saber como poder formar parte destes proxectos. Unha vez resumamos os puntos máis importantes enviarémola a través d@s nen@s e publicarémola neste blog en vindeiras ocasións. 


PARTICIPAR É UN DEREITO, EXÉRCEO POLO BEN DA EDUCACIÓN DO TEU FILL@!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog