nen@s

nen@s

xoves, 18 de decembro de 2014

Programación Nadal


  • Martes 23 ás 5 da tarde teremos tarde de cine na Casa de Cultura de Xuño

  • Mércores 24 sobre as 7 da tarde visitaranos papá Noel. Lembrade que todos aqueles que queirades que vos deixe xa os vosos regalos debedes contactar con Belén ou no número da ANPA para que llo transmita a papá Noel e non se olvide de traelos cando veña a visitarnos.

  • Sábado 3 de Xaneiro, ás 5 da tarde teremos a segunda tarde de cine na Casa de Cultura de Xuño. Ó finalizar, sobre as 7:30 virá o PAXE REAL a recoller as vosas cartas para os Reis Magos.

  • Sábado 27 Gala a favor da AECC(asociación española contra o cancro) organizada pola asociación Francisco Olveira e CMM de Xuño. Será a partir das 5:30 da tarde na casa de cultura de Xuño. Actuarán a banda de Caamaño, Rexoubeiros(antigos membros Queixucas), Grupo Tahúme de Olveira,... e moitos máis sorpresas que nos teñen preparadas. Dende a ANPA colaboraremos aportando un par de cestas de Nadal, unha para sortear entre os maiores e outra entre os nenos, e vendendo as rifas para o sorteo. Todo aquel que queira axudarnos ou aporar algún tipo de papatoria será moi ben recibida, na mentras ca vosa presencia quedaríamos moi encantadas.

  • En canto ás actividades extraescolares, quedan os mesmos días que están pero pasarán todas a horario de mañán agás piscina que descansan. O horario é o acordado entre os asistentes ás actividades. Pintura queda este martes de 11 a 12 e logo vacacións, Inglés ós mércores de 11 a 12 para os maiores e de 12 a 1 para os pequenos. O horario de zumba kids, tenis, música e pandeireta serán acordados na clase de hoxe. Lembrade XANEIRO MES GRATUITO PARA SOCI@S, non pagar ningunha actividade agás piscina.
 
  • Aproveitamos a ocasión para informarvos que a excursión ós museos de A Coruña será o sábado 17 de Xaneiro. Gratuita para soci@s e cun custe de 10€ non soci@s. Daremos un plazo para anotarse á volta das vacacións de Nadal.

A directiva da ANPA deséxavos un Bo Nadal e Próspero Aninovo. Felices festas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog