nen@s

nen@s

luns, 15 de xuño de 2015

Acordos Asamblea

Na asamblea xeral de socios celebrada o pasado venres 12, ás 9 da noite en segunda convocatoria douse a información oportuna solicitada anteriormente polos pais/nais e tomáronse varias decisións entre tódolos asistentes.
  • Tódolos libros que foron prestados polo Banco de libros da ANPA para o actual curso e que constan do selo da mesma, deben ser devoltos antes de que remate o colexio nunha bolsa co nome e apelidos do pai/nai e d@ nen@ por fora da mesma. Poden ser entregados na aula ós titores ou a calquera dos membros da directiva da ANPA. Tamén recolleremos do mesmo xeito(nunha bolsa e identificados por fóra) tódolos libros que queirades doar deste curso ou dos que vos queirades desfacer
  • Acordouse non levar a cabo a compra conxunta paro o vindeiro curso 2015/2016, posto que o aforro no ano anterior foi mínimo
  • Acordouse facer unha xuntanza de despedida do curso para tódalas familias que queiran asistir, o domingo 21 de Xuño no merendeiro da Coviña. Para a cal solicitamos xente voluntaria que queira colaborar na organización da mesma para ser o máis amena e divertida posible, tanto para @s nos@s cativ@s como os non tan cativos. Para elo poñerse en contacto coa directiva antes do xoves por calquera das vías de comunicación da ANPA
  • Admitíuse unha nova incorporación á directiva que leva colaborando activamente dende comezos de curso, Sonia Sobrido Calo
  • Informouse que en setembro esta directiva remata o seu mandato polo que xa se abreu un plazo ata venres 19 para presentación de novas candidaturas ou novas incorporacións á actual. Tanto a actual presidenta como a secretaria abandonarán os seus cargos en setembro e, probablemente unha das actuales vogais e a vicepresidenta, se non hai implicación por parte dos pais e non se presenta ninguén. Polo que, co resto dos membros que quedarían non se podería constituir unha nova directiva e habería que disolver a ANPA
  • Informouse dun posible cambio de libros en terceiro e quinto de primaria gratuitamente, posto que @s nen@s que acceden no vindeiro curso escolar a eses cursos non disporán de cheque e pasarán a usar o Fondo Solidario da Consellería que comezará a funcionar por primeira vez no curso 2015/2016 xestionado polo Centro
  • Os asistentes manifestaron o seu malestar e descontento con certos comportamentos dalgún docente. Tema que será estudiado de cara o curso que ven

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog