nen@s

nen@s

luns, 14 de setembro de 2015

Asamblea fin de mandato

Un novo curso escolar acaba de comezar. Un curso que para esta entidade non comeza moi ben. Xa que, como ben sabedes remata a actual directiva e tódolas súas compoñentes deixan os seus cargos agás 2 delas. Tal e como se comunicou na última Asamblea, abreuse un plazo de presentación de novas candidaturas ou nov@s incorporacións á actual. So se presentou unha nai, co cal, co curso xa comezado atopámonos sen persoal suficiente como para formar unha directiva e poder así traballar nunha cousa tan importante como é a de participar na forma de ensinanza d@s nos@s fill@s. Non hai quen xestione nin o banco de libros que dou comezo o curso pasado nin as actividades extraescolares, entre outras cousas.

Este sábado, día 19 de setembro ás 5 da tarde faremos a última Asamblea da actual directiva co único punto a tratar a disolución. Polo que, dende hoxe ata o 19, invitámosvos a pensar se realmente é o que queremos. 

Se alguén reflexiona antes do 19 e quere incorporarse a esas tres nais ou formar unha nova directiva, pode porse en contacto con nos por calquera das nosas vías de comunicación ou presentarse ese mesmo día na Asamblea.

Un saúdo da actual directiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog