nen@s

nen@s

venres, 25 de setembro de 2015

Nova directiva

Como ben saberedes, o pasado sábado 19 celebrouse a primeira Asamblea deste novo curso co único punto a tratar a disolución da entidade. Finalmente, non foi aprobada a disolución desta entidade xa que se presentaron unhas nais voluntarias que, xunto cas outras tres que xa había, púdose formar directiva nova pero coa condición dunha remodelación dos estatutos. Modificación que será algo tal e como que todo aquel que sexa socio da ANPA entrará nun sorteo para ocupar parte da directiva sempre que non se presente ninguén voluntariamente.

A nova directiva quedará da seguinte maneira:
  • Presidenta: Carmen María Santos Sieira
  • Vicepresidenta: Mar Rey Olveira
  • Secretaria: Rebeca Rego Vila
  • Tesoureira: Salomé Santamaría Olveira
  • Vocal 1: Sonia Sobrido Calo
  • Vocal 2: Eva María Moledo González
Xa estamos traballando, ó par co papeleo de cambio de directiva, para poder actualizar o número de soci@s e poñer, canto antes, en marcha as extraescolares que ofertaremos dende a entidade este ano e en breve vos anunciaremos a través das nosas vías de comunicación.

Estamos a vosa disposición no que a ensinanza dos nos@s nen@s se refire. Informarémosvos das datas e horarios nos que podedes falar persoalmente con nos no local  cedido polo colexio para tarefas da ANPA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog